A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a distribución de case 120.000 euros en premios para os equipos participantes na Copa de fútbol Deputación de Pontevedra deste ano 2026. A achega económica beneficiará tanto á categoría feminina como á masculina.
Un total de 136 equipos procedentes de 54 concellos da provincia tomaron parte na competición. Os equipos gañadores foron o Club Deportivo Portonovo, na categoría masculina, e o Valladares de Vigo, na feminina. Na final masculina, impuxéronse ao Alertanavia de Vigo, mentres que o Valladares superou ao Lóstrego CF, de Redondela.
“"É un trofeo que goza de enorme popularidade, que recuperamos cando chegamos ao goberno provincial e que demostra cada ano merecía a pena seguir entregando."
Os premios outorgados oscilaron entre os 150 euros para aqueles equipos que só disputaron a fase previa, ata os 6.150 euros para os conxuntos gañadores das finais. O presidente provincial, Luis López, destacou a importancia do evento, subliñando que "non hai dúbida de que somos a Deputación e a provincia o deporte".




