Os feitos tiveron lugar arredor da 01:30 horas, cando unha patrulla realizaba unha proba de alcoholemia a un condutor. O acompañante do vehículo comezou a proferir insultos e ameazas contra os axentes que estaban a intervir.
“"Hijos de puta, puercos, gallegos de mierda, sois asquerosos, os voy a matar."
Ademais das expresións ofensivas, o individuo realizou xestos ameazantes. Mentres tanto, o condutor do vehículo arroxou unha taxa positiva de 0,69 miligramos por litro de alcohol en aire expirado.
A situación agravouse cando un familiar do condutor, que acudira para facerse cargo do coche, tamén foi obxecto de insultos por parte do acompañante, o que o levou a desistir de asumir a custodia do turismo. Cando se solicitou a intervención dun guindastre municipal para retirar o vehículo, o home intentou impedilo, desobedecendo as ordes policiais e agredindo aos axentes. Durante o forcexo, o individuo tamén cuspiu e insultou aos policías, que finalmente procederon á súa detención.




