O novo itinerario, de case un quilómetro de lonxitude, conectará os núcleos da Ermida, Pazos e Marcón, facilitando o acceso a equipamentos como o colexio, a igrexa ou o polideportivo da parroquia pontevedresa.
A intervención na PO-542 tamén contempla a habilitación dunha glorieta de 30 metros de diámetro exterior co obxectivo de mellorar a seguridade e a fluidez do tráfico na zona.
O proxecto tamén prevé intervencións complementarias como a eliminación de carrís centrais de espera para xiros á esquerda, a mellora das interseccións existentes, a creación de espazos de aceleración e desaceleración nos accesos e a habilitación de dous novos refuxios para usuarios do autobús.




