A proba ciclista, pensada para ofrecer a mellor experiencia e gozar do patrimonio natural dos montes de Barro, xa ten abertas as súas inscricións a través da web da Federación Galega de Ciclismo.
Os organizadores animan a reservar a praza canto antes, xa que se espera unha alta demanda. A inscrición pódese realizar na seguinte ligazón: https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/36185-4a-RUTA-BTT-CAMINOS-DE-BARRO.
Esta iniciativa conta coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Protección Civil de Barro e as Comunidades de montes de Perdecanai, da Portela e de Barro, sumando esforzos para garantir o éxito da xornada.




