Os traballos, que abrangueron arredor de 700 metros de lonxitude, conectan Constenla coa estrada da Deputación en Chan de Santos. A intervención tamén incluíu a recollida e canalización das augas pluviais na zona.
A execución destas obras correu a cargo da empresa Marconsa, que presentou a mellor oferta durante o proceso de licitación. O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o concelleiro de Medio Rural, Obras de Accesos a núcleos, Seguridade Viaria e Humanizacións, Iván Bello Ferreiro, desprazáronse á zona para supervisar o remate dos traballos.
O investimento total na actuación ascendeu a 56.766,94 euros. Desta cantidade, o Concello de Barro achegou 9.852,11 euros, mentres que a Xunta de Galiza financiou os 46.914,82 € restantes. Esta achega da Xunta realizouse a través do programa de axudas para camiños rurais 2026-2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027.




