Poderán solicitar estas axudas as persoas nacidas no ano 2008 ou posteriores, que estean empadroadas nun concello da provincia de Ourense na data de publicación da convocatoria.
A axuda consiste na entrega dun libro por persoa beneficiaria, cun importe máximo de 20 euros (IVE incluído). Se o libro escollido supera este prezo, a diferenza deberá ser aboada polo solicitante. Non se inclúen libros de texto, material escolar, nin publicacións periódicas.
O prazo para adquirir os libros é desde o 15 de outubro ata o 18 de decembro de 2026. As solicitudes realízanse a través da páxina web https://plandelectura.depourense.gal, onde se enviará un código alfanumérico persoal para presentar no establecemento adherido.
A listaxe de librarías e establecementos participantes está dispoñible en https://plandelectura.depourense.gal/establecementos. A Deputación de Ourense habilitou un formulario para resolver dúbidas ou incidencias.
O Concello de Toén anima ás familias do municipio a aproveitar esta iniciativa de apoio e fomento da lectura.




