A nova estrada, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros, discorrerá polos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas. O viario conectará a estrada OU-105 en Bemposta coa N-525, completando a circunvalación polo sur da cidade e enlazando coa autovía A-52.
O tramo, que se iniciará na glorieta da confluencia da OU-105 coa OU-510 en Bemposta, finalizará na nova glorieta de conexión coa N-525 e a A-52. Contará con dous carrís por sentido de 3,5 metros e beiravías de 1,50 metros, ademais dun carril adicional nalgunhas zonas de maior pendente.
A construción inclúe diversas estruturas, como un viaduto sobre o Río Barbaña, un paso inferior no cruce coa liña ADIF e un paso superior para o acceso á EDAR San Cibrao.
Ademais, redefinirase o acceso á glorieta dende ou cara á N-525/OU-525 mediante dous ramais: un ramal sur dende a estrada OU-525 e un ramal norte que enlaza co carril adicional de entrada a Expourense.




