O alcalde trasladou á conselleira información sobre unha actuación que propón o Concello para reforzar o servizo a través dunha captación superficial no río Avia, que incluiría unha estación de bombeo e unha condución de impulsión ata a estación de tratamento de auga potable (ETAP).
Pola súa banda, Ángeles Vázquez asegurou que o persoal técnico de Augas de Galicia estudará o proxecto do concello para determinar a súa viabilidade técnica e as posibles vías de colaboración para o seu financiamento.
Cómpre lembrar que, aínda que as competencias en materia de saneamento, depuración e abastecemento de augas son municipais, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, presta o seu apoio técnico e económico aos concellos galegos para contribuír a que poidan exercelas do xeito máis eficiente e presten uns servizos de calidade á súa veciñanza.




