A titular do departamento, María José Gómez, fixo esta demanda tras os lumes rexistrados a semana pasada na provincia de Ourense, supostamente causados polo paso dun tren de mercadorías. A conselleira realizou estas declaracións durante unha visita á explotación SAT Panda, no concello de Moeche.
Gómez explicou que a reclamación foi trasladada a ADIF onte mesmo mediante unha carta, na que se expresaba a "preocupación" polos sucesos e se solicitaba información sobre o Plan anual de prevención e tratamento da biomasa para este 2026, cuxas actuacións debían estar rematadas o pasado 31 de maio.
“"É imprescindible que a empresa pública garanta que Galicia estea a encarar o período de alto risco de incendio cunhas infraestruturas ferroviarias preparadas, saneadas e mantidas de xeito adecuado."
A conselleira reafirmou que a prevención dos incendios forestais é "unha prioridade" para o Goberno autonómico e subliñou a importancia de manter as faixas primarias en bo estado para evitar lumes que xeran malestar cidadán polas alteracións do tráfico ferroviario e aumentan o risco para o persoal do Servizo de Prevención e defensa contra os Incendios Forestais (SPIF).
A Consellería do Medio Rural e a Xunta de Galicia mostraron a súa disposición para continuar traballando con lealdade e colaboración plena.




