Somos e facemos publicidade

BeDo Creativos, unha axencia creativa que é e que fai

BeDo Creativos axencia de publicidade, estudo creativo, deseño, logotipos, branding, packaging, web, redes sociais, eventos Ourense, Galicia

Sala de reunións de BeDo Creativos en Ourense

"Non somos unha axencia grande, somos unha gran axencia"

BeDo Creativos é unha axencia de publicidade ubicada en Ourense, capitaneada por Alberto e Bruno, dous publicistas que teñen as cousas moi claras "A base de todo é ser e facer e tamén é a base da historia da nosa marca: To Be (somos) & to Do (facemos). Porque somos unha axencia de publicidade que achega solucións visuais ás túas necesidades de comunicación, sexan cales sexan".
  Especializados na creación de marcas, acompañando ao cliente dende o primeiro momento da concepción, ata a produción e execución de todo o que necesite para mostrarse ao mundo.
Cren que "A imaxe dunha empresa é o reflexo do que quere ser" por iso "o noso proceso consiste en escoitar e empatizar cos clientes para poder pensar por eles e crear todo o que necesiten para as súas marcas". Así, estes ourensáns de pro, veñen demostrando dende hai máis de 8 anos que son capaces de ofrecer con total solvencia os servizos dunha axencia de publicidade grande.
Ao longo dos seus anos de traxectoria foron premiados en diversas ocasións polo deseño do packaging de diversos produtos, como un Anuaria polas botellas de "La Pócima", que tamén recibiu un Pelikanor e un Arckapack, tamén foron recoñecidos dous traballos máis: "Vermut Diovio" e "Abadía do Crego" con sendos premios Arcakpack, premios de recoñecido prestixio outorgados por Veredictas, unha institución no ámbito dos premios de deseño e packaging. 
Con base en Ourense, BeDo Creativos ten prestado e presta os seus servizos en toda España e, en ocasións, no estranxeiro, pero sempre dende a súa terra natal.

"A imaxe dunha empresa é o reflexo do que quere ser"

Temas relacionados

PublicidadeDeseñoAxencia de PublicidadeCreatividadeBrandingPackagingLogotipoLogotiposMarcaWebRedes SociaisEventosDeseño EditorialCartacesRotulaciónMerchandisingMárketingCreativosOurense

Noticias relacionadas