O ciclo, que conta coa colaboración da axencia Surbia Natura e os concellos participantes, ten como obxectivo principal a posta en valor do patrimonio natural, etnográfico e gastronómico do territorio. En total, o programa inclúe seis travesías guiadas que se desenvolverán en diferentes puntos da xeografía provincial.
As camiñadas contan con guías especializados que se encargan de interpretar a paisaxe e os elementos etnográficos durante o percorrido. Ademais, ao finalizar cada unha das rutas, a hostalería local de cada municipio ofrecerá unha selección de produtos típicos da zona para completar a experiencia.
O calendario de rutas para este ano 2026 inclúe paradas en A Peroxa (19 de setembro e 11 de outubro), Barbadás (20 de setembro), Cartelle (26 de setembro), Coles (27 de setembro) e Pereiro de Aguiar (4 de outubro).




