A concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, desprazouse recentemente a Andorra para unha visita institucional. Alí foi recibida no Comú de Escaldes-Engordany pola cónsul maior e o seu equipo político, nun encontro centrado na xestión municipal do termalismo e o seu potencial para o desenvolvemento turístico.
Durante a súa estancia, a representante ourensá tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o complexo termal da cidade andorrana, así como outros espazos termais que se atopan integrados no seu contorno urbano. Esta visita permitiu observar diferentes modelos de xestión e infraestruturas.
“"Intercambiamos experiencias e puntos de vista sobre modelos de xestión, promoción do turismo termal e posibles sinerxias entre territorios con recursos similares."
O obxectivo principal desta iniciativa é explorar vías de colaboración e aprender das estratexias implementadas en Escaldes-Engordany, unha localidade con características similares a Ourense no que respecta á riqueza termal. A busca de sinerxias podería beneficiar a ambos os territorios na promoción conxunta do turismo de saúde e benestar.




