Esta iniciativa é fundamental para Bicos de Papel, xa que permite manter os seus servizos de acompañamento durante e despois do tratamento, incluíndo a recuperación e reintegración dos menores na sociedade. A carreira principal, cun percorrido de 5 quilómetros, comezará ás 10:30 horas e discorrerá polo centro da cidade, con saída e meta na rotonda da Policía Nacional.
Ademais, ás 11:30 horas, haberá unha categoría infantil e inclusiva dun quilómetro, pensada para que poidan participar os máis pequenos e persoas con diversidade funcional. As inscricións para ambas as modalidades estarán abertas ata o 5 de maio a través da páxina web ruta091.es.
Para aqueles que non poidan ou non desexen correr, existe a opción de colaborar mediante un dorsal 0, realizando unha achega solidaria. A recollida de dorsais efectuarase os días 7, 8 e 9 de maio no Club Metropolitano e en Moda Haico. Tamén se poderá adquirir a camiseta oficial da Policía Nacional, cuxa recadación íntegra se destinará a Bicos de Papel, en Rumaniak e nun posto habilitado o día da carreira.
“"A Policía Nacional destaca estas accións humanitarias como parte esencial da súa labor e agradece a acollida da asociación, esperando unha gran implicación da sociedade ourensá."




