A sentenza do alto tribunal galego acolleuse ao recurso presentado pola representación da afectada, revogando unha decisión anterior que desestimaba a responsabilidade patrimonial da administración, tal e como sostiña a Consellería de Sanidade.
Existe unha relación causal evidente entre a inicial proposta terapéutica e a urxencia da proba solicitada, para poder executala de forma rápida, habida conta da agresividade do tumor.
A Sala considerou que a sentenza previa do contencioso-administrativo non explicaba adecuadamente por que se concluía que a radiocirurxía non era a primeira opción, cando se declarara como feito probado que se remitira a oncoloxía radioterapéutica para valorar esa posibilidade. Ademais, o TSXG alegou que resultaba "contrario á lóxica" que todos os esforzos diagnósticos se concentrasen en confirmar a hipótese desa intervención mediante RMN, sen ter en conta a urxencia do caso.
O tribunal tamén deu por "acreditado" o atraso, sinalando que o tempo máximo de espera pactado para a proba era dun mes, pero que esta se demorou tres meses. Durante este período, o tumor progresou, facéndoo inoperable mediante radiocirurxía, o que supuxo unha "perda plausible dunha opción terapéutica" para a paciente, segundo o auto de novembro do ano pasado do TSXG.




