O grupo municipal do Partido Popular na cidade de Ourense lamentou a "falta de previsión" do goberno local ante o proceso de regularización administrativa extraordinaria de persoas migrantes. Segundo os populares, a ausencia dun plan de continxencia está a provocar un colapso nos servizos municipais, que xa se traduce en longas esperas e axendas saturadas.
“"Estamos vendo xa como o Rexistro presenta longas colas a diario e como os servizos sociais teñen as súas axendas completas ata o límite do prazo establecido."
A formación política criticou duramente que o Concello non actuase coa dilixencia necesaria, a pesar de coñecer de antemán o incremento da demanda. Existe o temor de que esta situación poida derivar en atrasos en expedientes de dependencia ou na Axuda no Fogar, afectando a outros servizos fundamentais que xa están tensionados.
Desde o PP urxen a unha actuación inmediata para evitar que a xestión municipal prexudique aos veciños. Ademais, dirixen as súas críticas cara ao Goberno central, acusándoo de "improvisación" e de trasladar a presión migratoria ás administracións locais sen os recursos necesarios para afrontala.




