A emprendedora ourensá Iria Fernández Calviño está á fronte de O Grolo, un local que decidiu abrir tras un período no paro, aproveitando a súa experiencia na hostalaría. O establecemento, situado na Rúa Río Xares, 15, céntrase nunha oferta gastronómica que inclúe bocadillos, tapas e pinchos, coas hamburguesas como principal reclamo.
O Grolo abriu as súas portas hai aproximadamente un mes e xa fai un balance positivo das primeiras semanas. "Vai ben, non me queixo, vai habendo xente", sinala Iria, que ve con optimismo os inicios do seu negocio. O local permanece aberto dende as dez da mañá ata a marcha dos últimos clientes, buscando consolidarse na oferta de ocio e restauración do barrio.




