A decisión xudicial, emitida polo xuíz da Praza número 1 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Ourense, Leonardo Álvarez, subliña a obriga do alcalde de solicitar a compatibilidade entre o seu cargo con dedicación exclusiva e a xestión dunha televisión local. Segundo o auto, esta necesidade é "evidente" e non admite "interpretacións".
“"Gonzalo Pérez Jácome tiña que ter plantexado ante o pleno do Concello de Ourense a cuestión debatida para que o pleno valorase se se lle recoñece ou non se lle recoñece a compatibilidade entre o seu cargo desempeñado en forma de dedicación exclusiva e a explotación dunha televisión pública e local."
O maxistrado recordou que, dende o ano 2020 ata novembro de 2025, período no que se recibiu a certificación xudicial, o alcalde percibiu máis de 400.000 euros polo seu cargo. Os salarios anuais detallados inclúen 69.925,94 euros en 2020, 70.555,24 euros en 2021, 73.024,70 euros en 2022, 75.215,42 euros en 2023, 77.457,30 euros en 2024 e 66.699,96 euros en 2025.




