A proposta, denominada EmbarrArte, busca fomentar a creatividade e a expresión artística dos máis pequenos a través do traballo con barro. As sesións terán lugar ás 11:30 horas nas instalacións da biblioteca.
Para participar nesta actividade é necesario realizar unha inscrición previa. As familias interesadas poden formalizar a súa praza chamando aos teléfonos habilitados para tal fin ou acudindo presencialmente ao centro.




