A decisión xudicial estima parcialmente o recurso da afectada contra unha sentenza anterior que só condenaba á aseguradora a unha cantidade menor. A nova resolución considera que os danos sufridos pola demandante son consecuencia dun feito da circulación, derivado da rotura ou fallo dunha peza do mecanismo do vehículo.
O tribunal subliña a existencia dun nexo causal entre a explosión, provocada pola rotura dun manguito do motor, e as lesións padecidas pola muller. Destaca que a "estampida" doutros pasaxeiros para saír do vehículo non se tería producido sen o suceso.
Os feitos ocorreron o 5 de xullo de 2021, cando a muller viaxaba nun autobús urbano. Unha forte explosión na parte traseira provocou a caída dunha peza do teito sobre a súa cabeza, rompendolle as lentes e desencadeando unha reacción en cadea dos demais ocupantes que a deixaron tendida no chan ao saír apresuradamente.
A muller foi atendida polos servizos de emerxencias do 061 e trasladada de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para recibir atención médica polas feridas ocasionadas.




