O lume afectou un centro de transformación da empresa R, provocando a interrupción do servizo de internet e telefonía fixa. Os cortes de subministración comezaron arredor das 22.00 horas deste xoves e, segundo testemuños de usuarios, aínda se manteñen. A incidencia afecta principalmente aos servizos de fibra fixa, mentres que os que operan a través de satélite non se ven alterados.
Aínda que non se coñece a cifra exacta de afectados na provincia de Ourense, a través das redes sociais documentáronse casos en diversas localidades como a propia cidade de Ourense, Valdeorras, Celanova, O Barco ou Trives. Tamén se informou de afectacións na rede en Vigo.
Os operarios da compañía xa se atopan traballando sobre o terreo. A empresa prevé restablecer a subministración "en canto os bombeiros permitan o acceso" á zona afectada polo incendio.




