O lume orixinouse ás 17:23 horas, segundo informou a Consellería de Medio Rural. Dende ese momento activouse un operativo no que participan os Bombeiros de Ourense, a Policía Nacional, a Policía Local de Ourense e medios do Distrito XII.
Tamén se incorporou a brigada helitransportada de A Merca, xunto cun despregamento inicial de 2 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas, co obxectivo de frear a evolución das chamas nunha zona de masa forestal.
Agárdase que as condicións meteorolóxicas, con altas temperaturas e o aumento do vento, non compliquen as tarefas de extinción mentres os equipos de emerxencia continúan traballando sobre o terreo.
Polo momento, non se teñen coñecemento de máis danos nin da posible evolución do incendio.




