A mostra, que leva por título "Chronicon Auriensis, unha viaxe desde a prehistoria ata a Idade Media", está dispoñible no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na cidade de Ourense.
Os visitantes poderán desfrutar dun percorrido pola historia máis antiga de Ourense, desde os tempos da prehistoria ata a Idade Media. A exposición está comisariada por Alberto Cacharrón e Miguel Mosquera.
A mostra poderá visitarse dende o vindeiro 19 de agosto ata o 30 de agosto, en horario de 11:00 a 14:00. A entrada é presencial.



