O son dos motores volveu soar con forza nas estradas de Luintra durante a xornada de test oficiais. Os mellores pilotos do S-CER aproveitaron esta sesión preparatoria para axustar os reglaxes dos seus coches e buscar o compromiso ideal nas suspensións. As estradas de Nogueira de Ramuín puxeron a proba a concentración dos participantes, anticipando unha edición do Rally de Ourense Recalvi que promete ser moi disputada.
A presenza de afeccionados nas cunetas non se fixo esperar, expectantes por gozar das primeiras manobras, saltos e freadas que serviron como aperitivo antes da competición oficial.
Equipos como o Club Deportivo One Racing, Toyota España, Hyundai Motor España, Escudería Ourense, Recalvi Team e Škoda España estiveron presentes, cos seus pilotos traballando intensamente para optimizar o rendemento dos seus vehículos.




