O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá unha xuntanza coa alcaldesa de Coles, Susana Rodríguez. Na reunión, analizáronse as principais demandas do municipio ourensán en relación coa Administración autonómica.
Tras repasar asuntos de interese mutuo para ambas as administracións e avaliar posibles vías de colaboración, Manuel Pardo trasladoulle á rexedora o "compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Coles".




