Os veciños da avenida de Portugal continúan á espera dunha xuntanza co Concello para buscar solucións aos problemas que sofren na vía. Hai dúas semanas, tras unha reunión da plataforma de asociacións de Ourense, acordouse solicitar un encontro co goberno municipal, pero ata o momento non obtiveron ningunha resposta.
"Ninguén se puxo en contacto connosco", asegurou a representante veciñal Chelo Montero, quen lamenta a falta de información sobre os prazos e detalles das obras, nin dende a Alcaldía nin dende a área de Infraestruturas.
Mentres tanto, os traballos de emerxencia na rúa intensificaron o seu ritmo. O encargado da nova actuación trasladou que as instrucións actuais son continuar reparando os desperfectos e tapando os socalcos.




