Un individuo achegouse por detrás a unha muller que camiñaba pola rúa e, tras suxeitala con forza polo pescozo, arrebatoulle as cadeas que portaba. A vítima sufriu feridas leves debido ao forcexo e comezou a pedir axuda.
A súa chamada de auxilio alertou a varios viandantes que acudiron ao lugar. Estes cidadáns lograron reter ao presunto autor do roubo ata a chegada dunha dotación da Policía Nacional.
Os axentes localizaron oculta entre a roupa do arrestado unha das cadeas presuntamente subtraídas.
Tras finalizar as dilixencias policiais por un presunto delito de roubo con violencia, o detido foi posto a disposición xudicial. A autoridade decretou o seu ingreso en prisión.




