O representante autonómico desprazouse á cidade para coñecer de primeira man o labor que desenvolve a entidade social. Durante a súa visita, Manuel Pardo felicitou á presidenta de AODEMPER, Susana Fernández, polo traballo de atención e acompañamento que a asociación ofrece ás persoas afectadas por estas enfermidades.
Así mesmo, Pardo transmitiu o apoio da Administración autonómica co obxectivo de seguir contribuíndo á construción dunha Galicia máis humana, sensible e xusta.




