A interrupción do tráfico terá lugar entre o luns 6 de xullo e o xoves 9 de xullo, en horario de 8,00 a 19,00 horas. Esta medida é necesaria para levar a cabo unha proba de carga no viaduto sobre o río Barbantiño, actuación previa ao inicio dun proxecto de reforzo e acondicionamento valorado en máis de 2,6 millóns de euros.
Debido ás características da estrutura, que conta cun taboleiro único, non é posible manter o paso de vehículos nin realizar desvíos parciais. Por este motivo, a Xunta de Galicia habilitou itinerarios alternativos pola N-541 e a N-120, que estarán debidamente sinalizados para orientar aos condutores que circulen en ambos sentidos.
As obras de conservación, que se desenvolverán principalmente nos municipios de Punxín e Amoeiro, teñen como obxectivo prolongar a vida útil desta infraestrutura, que entrou en servizo en abril de 2009. Estes traballos forman parte dun programa autonómico para garantir a seguridade e o mantemento das pontes na rede viaria.




