A alerta estará activa entre as 13:00 e as 23:00 horas, cunha previsión de precipitacións acumuladas de 15 litros por metro cadrado por hora. Tamén existe a posibilidade de refachos moi fortes, sen descartar a presenza de saraiba.
Segundo MeteoGalicia, espérase a influencia anticiclónica na comunidade, aínda que persistirá certa inestabilidade atmosférica debido ao aire frío en capas altas. Pola tarde, agárdase o crecemento de nubes de evolución no interior, que poderían xerar chuvascos treboentos, especialmente nas zonas de maior altitude.
As temperaturas máximas poderían alcanzar os 34 graos en Ourense. A combinación de calor, choiva e treboadas provocará que once comunidades autónomas estean en aviso este mércores. Nalgúns puntos do país, as máximas poderían superar os 36-38ºC no nordeste e chegar aos 38-39ºC nos vales do Guadiana e Guadalquivir.




