Un autobús urbano provocou un aparatoso accidente no centro de Ourense, na rúa Progreso, preto do Xardín do Posío. O vehículo de transporte público sufriu un grave fallo mecánico mentres se realizaba o cambio de condutor, o que provocou que acelerase de forma descontrolada e arremetese contra catro coches que estaban estacionados nunha zona de carga e descarga.
Afortunadamente, a pesar da espectacularidade do suceso, non houbo que lamentar feridos nin entre os pasaxeiros do autobús nin entre os viandantes que se atopaban na zona. Os testemuños presenciais describiron como o motor comezou a facer un ruído moi forte e o vehículo acelerou "só", volvéndose incontrolable.
“"Pudo ocurrir una desgracia"
Os presentes destacaron a sorte que houbo xa que a rúa estaba despexada de tráfico e peóns no momento do impacto. "Pudo pasar unha desgraza porque o semáforo estaba en vermello, non estaba pasando ningún peón e da outra rúa non viñan case coches", lamentaban algúns dos alí presentes, coincidindo en que se podería ter producido unha traxedia.
A Policía Local e os servizos de emerxencia acudiron rapidamente ao lugar para controlar a situación, retirar os vehículos danados e iniciar a investigación para esclarecer as causas exactas deste perigoso fallo mecánico.




