O Concello de Barbadás pon en marcha unha nova edición da Feira do 2, un evento que se celebra o primeiro día de cada mes e que retoma a súa actividade tras o parón estival. A cita terá lugar mañá no Paseo dos Amieiros.
Os asistentes poderán atopar unha ampla oferta de produtos nos diferentes postos que se instalarán. Haberá postos de alimentación, onde adquirir produtos locais e de tempada, así como postos de plantío con flores e plantas ornamentais. Ademais, non faltará a tradicional pulpeira, un punto de encontro para degustar este manxar.
Desde o goberno municipal fan un chamamento á veciñanza e aos habitantes dos concellos próximos para que se acheguen á feira. Destacan que é unha oportunidade idónea para realizar compras, dar un paseo e gozar do ambiente festivo e da oferta gastronómica.




