Os feitos tiveron lugar durante unha inspección rutineira no mercado ambulante da feira de Becerreá. Os axentes da Garda Civil detectaron nun dos postos unha quincena de colonias que, pola súa presentación, imitaban marcas rexistradas e podían inducir a erro aos consumidores sobre a súa autenticidade.
A venda deste tipo de produtos falsificados non só constitúe un delito contra a propiedade industrial, senón que tamén representa un considerable risco para a saúde pública. A falta de garantías sobre a súa composición e control sanitario pode provocar diversas afeccións cutáneas e outros problemas para os usuarios.
Como resultado da intervención, a Garda Civil procedeu á aprehensión dos efectos e á detención da presunta autora. Ademais, formuláronse actas administrativas ao constatar que a muller non estaba dada de alta como autónoma na Seguridade Social e carecía do seguro necesario para o desenvolvemento da súa actividade comercial. As dilixencias foron postas a disposición da autoridade xudicial competente.




