A iniciativa, vinculada ao Plan de Sostibilidade Turística financiado con fondos Next Generation EU, nace coa vocación de medrar e mantense aberta a novas incorporacións. O proxecto forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos europeos.
Poden unirse á marca produtores e empresas dos sete concellos do Xeoparque —Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño— dedicados á obtención de produtos agrícolas, gandeiros ou do mar, así como á súa elaboración e comercialización.
A primeira fase do selo KB0 Ortegal reflicte unha ampla variedade produtiva, incluíndo produtos agrícolas, do mar, doces, repostería, produtos da colmea, lácteos e transformación alimentaria artesanal. As empresas adheridas distribúense polos diferentes concellos da comarca.
A organización lembrou que o proceso de adhesión continúa aberto para todas as empresas e produtores do territorio interesados en formar parte desta iniciativa, que busca reforzar o produto de proximidade e o desenvolvemento sostible do Xeoparque Cabo Ortegal.




