Éxito gastronómico e social na primeira Festa da Caza de Trazo

Máis de medio cento de persoas reuníronse en Chaián para celebrar o remate da tempada cinexética cunha xornada de convivencia.

Imaxe xenérica dun xabaril no bosque.
IA

Imaxe xenérica dun xabaril no bosque.

Máis de medio cento de persoas déronse cita onte en Chaián, á beira do río Tambre, para gozar da primeira Festa da Caza de Trazo, un evento que combinou gastronomía, diversión e anécdotas cinexéticas.

O restaurante D’Nieto foi o epicentro desta celebración, que serviu como broche final á tempada de caza. Os asistentes puideron degustar un amplo menú que incluía pratos elaborados con xabaril, entre outras especialidades.

"Este ano faltounos xente por diversos problemas persoais e laborais."

os impulsores da festa
A organización destacou o bo ambiente e a calidade da comida, subliñando que esta primeira edición nace como un experimento con vocación de consolidarse nos vindeiros anos, incorporando novidades e buscando unha maior participación. Os promotores do evento, todos eles cazadores do Tecor de Trazo, expresaron o seu desexo de facer crecer a iniciativa.

"Organizábase aquí pero cada vez viña máis xente de fóra a ela, así que foi cando decidimos apostar por unha festa da caza aberta a todo o que queira apuntarse."

un dos organizadores
A idea xurdiu a partir dunha comida de caza anual que se celebraba ao finalizar a tempada. Ante o crecente interese de persoas de fóra da localidade, decidiuse transformar a reunión nunha festa aberta ao público. Tras o xantar, a xornada continuou con música e tardeo a cargo de Alberto Show no mesmo local, culminando coa entrega de premios. A alcaldesa de Trazo, quen é natural de Chaián, tamén estivo presente no evento.