O pasado sábado, o pavillón Pablo Beiro de Bouzas acolleu a fase final do campionato autonómico. O equipo vigués impúxose con autoridade, superando ao Club Hockey Oleiros nas semifinais por 8-2 e ao Hockey Club Liceo na final por un contundente 10-3.
Este triunfo pon o broche de ouro a unha traxectoria perfecta, na que as xogadoras sumaron un pleno de vitorias nos catorce encontros disputados durante a liga regular.
A entidade deportiva tamén ten motivos para celebrar no ámbito masculino. O equipo benxamín, coñecido como Hockey Club Cíes Flúor, logrou a súa clasificación para a loita polo título tras vencer ao Berenguela. A competición decisiva celebrarase o vindeiro 13 de xuño na localidade de Ordes.
“"Para nós, a copa é unha alegría enorme, pero o verdadeiramente importante é ver como estas nenas compiten xuntas, se coidan e disfrutan do camiño. Queremos formar deportistas, pero tamén persoas que entendan o valor do equipo, do respecto e da solidariedade."




