As obras centrarase nun tramo de 2,5 quilómetros, dende o punto quilométrico 5+500 ata o final da vía, no concello de Cerceda. O prazo de execución estimado é de cinco meses dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.
O obxectivo principal é reforzar a seguridade viaria e mellorar o estado de conservación do vial. Para iso, estenderase unha nova capa de mestura bituminosa en quente de seis centímetros de espesor en todo o ancho da calzada.
Os traballos previos incluirán o rozamento e limpeza de beirarrúas, paseos e cunetas. Tamén se realizará o fresado e a reposición do firme nas zonas máis deterioradas.
Ademais, renovarase integralmente a sinalización horizontal, repintaranse símbolos e cebreados, e recreceranse pozos e sumidoiros para adaptalos á nova cota da vía.




