Declarada a Situación 2 polo incendio de Padrón

A proximidade do lume a varios núcleos de poboación obriga á Xunta a activar a alerta preventiva.

Imaxe xenérica de fume dun incendio forestal sobre unha ladeira de monte en Galicia.
IA

Imaxe xenérica de fume dun incendio forestal sobre unha ladeira de monte en Galicia.

A Xunta de Galicia declarou a Situación 2 de emerxencia no incendio forestal que afecta o municipio coruñés de Padrón, debido á súa proximidade a varios núcleos de poboación.

A administración autonómica tomou esta medida preventiva ante a cercanía do lume ás poboacións de Cruxeiras de Abaixo e Sobrerribas. A decisión prodúcese tras unha reactivación dun flanco do incendio, que afecta xa unhas 180 hectáreas, segundo as últimas estimacións.
O lume orixinouse este venres, nunha xornada marcada por temperaturas elevadas para a época do ano, superando os trinta graos nalgúns puntos de Galicia. A Xunta xa activara o nivel de alerta 3 (vermello) por episodio de calor na zona isoclimática do interior de Pontevedra e nivel de alerta 2 (laranxa) nas zonas isoclimáticas do noroeste e o interior da Coruña.
Aínda que o incendio presentaba unha evolución favorable para a súa estabilización, a reactivación dun flanco complicou a situación, elevando a superficie afectada en 80 hectáreas respecto a primeira hora da mañá.