O sinistro ocorreu sobre as 18.30 horas entre os quilómetros 17 e 18, na zona de Urdilde, e obrigou a cortar a vía en ambos sentidos en dirección a Noia.
Inicialmente, un particular alertou dunha colisión entre dous vehículos, pero comunicacións posteriores confirmaron que foron seis os turismos implicados.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Brión, Bombeiros de Boiro, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Por precaución, o persoal sanitario atendeu a un bebé que viaxaba nun dos vehículos implicados.
A circulación na vía xa foi restablecida tras a resolución do incidente.




