Cunha traxectoria de dúas décadas na formación online, Aprendendo especialízase na preparación de oposicións, cun foco particular nas de Policía Local de Galicia, Auxiliar de Policía Local, Auxiliar Administrativo da Xunta (C2), Administrativo da Xunta (C1), Auxiliar Administrativo do Sergas e Celador do Sergas. A plataforma ofrece temarios completos, ducias de miles de preguntas con explicación, simulacros ilimitados, ranking e un titor de estudo con intelixencia artificial.
Un dos grandes valores de Aprendendo é a súa funcionalidade para o alumnado, bancos de ducias de miles de preguntas por oposición, redactadas segundo as normas dos tribunais, corrixidas como estes e retroalimentadas, para que o alumnado entenda o porqué do fallo. Con seguimento semanal de enfoque de estudo, indicando que hai que mellorar en función dos fallos que se teñen.
A consultora, con sede en Vilagarcía de Arousa, tamén se dedica á creación de contidos formativos online e ao deseño de cursos a medida para administracións públicas, con máis de 20 anos de experiencia, xestiona a formación online en institucións como a Academia Galega de Seguridade Pública, Consellería de Medio Rural, Deputacións Provinciais, Concellos ou a Escola Nacional de Protección Civil.
A empresa distínguese polo seu acompañamento completo, que inclúe a análise de necesidades, o desenvolvemento de contido, a implantación en plataformas de teleformación e unha experiencia de usuario premium. O seu equipo conta con experiencia en tribunais de oposicións e docencia homologada pola AGASP, consolidando a súa traxectoria como formadores expertos en seguridade pública e en oposicións á Xunta, Sergas e Xustiza.




