O acordo, asinado na localidade pontevedresa de Sanxenxo, busca incrementar a oferta de vivenda accesible destinada a primeira residencia, con especial atención á mocidade e aos colectivos máis vulnerables. O presidente Rueda destacou o “esforzo conxunto” para desenvolver esta iniciativa, que se suma a outras xa previstas na zona.
Esta actuación súmase ás dúas parcelas situadas en Noalla e na rúa das Cunchas, cedidas anteriormente de xeito gratuíto polo Concello, nas que a Xunta ten previsto construír outras 65 vivendas de promoción pública. O obxectivo é dar resposta á necesidade de vivenda para xente nova e persoas dos arredores que desexan residir no municipio.
O ámbito obxecto do acordo sitúase na parroquia de Vilalonga, nunha contorna con servizos e boa conexión coa Autovía do Salnés. O instrumento do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) permitirá ordenar e desbloquear este solo, redeseñando a actuación para facela viable e axilizando os trámites.
A colaboración institucional inclúe a adquisición do solo por parte do concello á SAREB, cun custo de 3,5 millóns de euros, financiado polo Fondo de Cooperación da Xunta. Coa sinatura de hoxe, o municipio cede os terreos á Administración autonómica para a redacción e tramitación do PIA.




