Os feitos ocorreron a finais do pasado mes de abril, cando a sospeitosa, aproveitando a madrugada e a ausencia de persoas no establecemento, forzou o acceso ao interior do local. Unha vez dentro, presuntamente subtraeu uns 700 euros en efectivo da caixa rexistradora e varias botellas de bebidas alcohólicas.
A investigación iniciouse tras a denuncia presentada polo responsable do negocio. Os axentes do Equipo de Investigación de Sanxenxo levaron a cabo diversas xestións para reconstruír os movementos realizados pola sospeitosa antes e despois do roubo, o que permitiu a súa plena identificación.
A muller, orixinaria de Cáceres e asentada en Sanxenxo, conta ademais con antecedentes policiais. As dilixencias foron remitidas ao Tribunal de Instancia e Instrución de Cambados, onde deberá comparecer cando sexa citada.




