O programa Ocioleiros ten unha finalidade lúdica, orientada á diversión e ao entretemento dos residentes de Oleiros.
As persoas interesadas poderán preinscribirse a través da Sede Electrónica do Concello. Alternativamente, poderán facelo na conserxería da Fábrica en horario de mañá (de 8:30 a 14:30 horas). O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de decembro. As listaxes provisionais de preinscritos publicaranse o 3 de decembro para a corrección de posibles erros.
No caso de que haxa máis demanda que prazas ofertadas nas actividades, a adxudicación realizarase por sorteo o 11 de decembro ás 14:00 horas na Fábrica. As listaxes definitivas de persoas admitidas e de agarda estarán expostas a partir do 14 de decembro.
Para máis información, pódese consultar a páxina web: oleiros.org/ocioleiros.




