Esta iniciativa do goberno local busca unha vixilancia rigorosa sobre as actividades que poidan xerar ruído excesivo, incluíndo non só o ocio nocturno senón tamén industrias e outras actividades. A medida céntrase nos establecementos que, pola súa natureza, xa están obrigados a dispor de sonómetros e limitadores de volume.
Para levar a cabo este control, o Concello contratou os servizos de Virocem, unha consultora técnica en acústica. A través da súa plataforma, será posible verificar en tempo real a situación acústica dos locais, xerar informes periódicos e aplicar as medidas correctivas ou sancionadoras que sexan necesarias.
Deberán conectarse á plataforma dende onde se comprobará en tempo real a situación e tamén se extraerán informes periódicos e se aplicarán as medidas correctivas e sancionadoras oportunas.
O incumprimento deste requisito, que implica garantir a operatividade ininterrompida dos equipos, podería derivar na apertura dun expediente sancionador. Este expediente podería incluír a adopción de medidas provisionais como a clausura temporal, parcial ou total do establecemento infractor.
Ademais, realizaranse inspeccións periódicas tanto en locais de ocio como en industrias, e levaranse a cabo medicións in situ. O Concello tamén está a estudar a elaboración dun proxecto acústico para mellorar o son en espazos como pavillóns, salas de ensaio e oficinas. O contrato con Virocem inclúe un control exhaustivo das zonas de concentración de ocio, coa posibilidade de desenvolver un plan de acción se se clasifican como Zonas Acusticamente Saturadas.




