O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o compromiso polo coidado do medio ambiente e a sustentabilidade que comparten a institución provincial e o Concello de Ribadumia. O municipio ven de poñer en marcha un novo sistema de recollida de lixo, cun investimento de 494.000€, dos cales 200.000€ foron achegados pola Deputación a través do programa PON2030.
López, acompañado polo alcalde David Castro, sinalou que o Concello de Ribadumia "enfocou este programa da Deputación cara unha área que non é común", valorando a boa xestión do equipo de goberno local e o seu compromiso co medio ambiente, convertendo o municipio nun exemplo.
Grazas á subvención provincial, que completou o orzamento con recursos propios do Concello, o novo servizo inclúe a distribución de 122 contedores amarelos, 122 azuis e 50 marróns para a fracción orgánica. Ademais, adquiríronse dous novos vehículos recolectores e unha unidade móbil para lavar contedores.
Ademais, ponse en marcha un proxecto piloto co reparto de colectores individuais en fogares das parroquias de Barrantes e Sisán para fomentar a separación de residuos na orixe. A recollida de lixo considérase un servizo esencial que mellora a calidade de vida e o coidado ambiental, pero require xestión e investimentos.
“"Quero felicitar ao alcalde e o seu equipo por esta aposta, pola visión de futuro, por recoller as necesidades dos veciños e polo compromiso co medio ambiente. Tedes na Deputación un aliado."
A cooperación da Deputación co Concello de Ribadumia tamén se materializou noutros plans de apoio aos concellos, como +Provincia, o Plan Extra ou o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, sumando un total de 3,7 millóns de euros ao longo destes tres anos de mandato.




