A iniciativa, que tivo lugar na capital alavesa, rexistrou unha notable afluencia de público e acadou unha ampla repercusión mediática tanto na comarca do Salnés como en Vitoria-Gasteiz. Esta acción consolídase como unha estratexia promocional de interese, dado que Euskadi é unha importante fonte de visitantes para a rexión galega.
“"Esta celebración é unha oportunidade magnífica para achegar O Salnés a un mercado que xa coñece e valora a nosa comarca, ao tempo que permite reforzar a proxección do Albariño, da gastronomía local e dun destino turístico con actividade durante os doce meses do ano."
Desde a entidade supramunicipal subliñan que Vitoria e a súa área de influencia son mercados emisores considerados estratéxicos para a comarca. A elevada participación rexistrada durante a fin de semana confirma o interese que seguen espertando tanto o viño Albariño como a proposta enogastronómica e os recursos turísticos do Salnés.
Esta colaboración enmárcase na estratexia de desestacionalización turística que impulsa a Mancomunidade. O obxectivo principal é seguir posicionando a comarca fóra da tempada alta, dando visibilidade á diversidade de experiencias que ofrece o territorio en calquera época do ano.




