A muller do falecido, identificada como Laura, presenciou os feitos e relatou a "tensión" vivida cando os axentes "tiraron a porta abaixo". Segundo a súa versión, o seu compañeiro, de 31 anos e veciño da localidade, levantouse para ver que ocorría e, ao "asomarse pola porta", recibiu o disparo.
A moza subliñou que nin ela nin a súa parella portaban armas e que "non había ningún tipo de arma de fogo en casa". Engadiu que os axentes "case nin lle deixaron coller unha sabana para taparse" e que o seu compañeiro, tras vestirse, preguntou aos axentes "que lle fixeran" despois de ser alcanzado polo disparo.
“"Tiraron a porta abaixo e do ruído que fixo asustámonos, porque estabamos na cama durmindo. El levantouse para ver que pasara e asomouse pola porta e disparáronlle."
Tras o suceso, o home foi trasladado ao hospital. Inicialmente, a familia recibiu información que indicaba que a súa situación "non era tan grave", pero pouco despois confirmouse o seu falecemento. A muller solicitou que non se difundiran os seus apelidos.
Os feitos ocorreron na zona de Corbillón, en Cambados, no marco dun operativo policial contra o narcotráfico. A versión da parella difire da que puidera trascender sobre un posible intercambio de disparos, xa que ela insiste en que o seu compañeiro estaba desarmado no momento do incidente.




