O sinistro produciuse pouco antes das 16.00 horas, cando varias chamadas alertaron ao 112 Galicia dun lume nunha vivenda da parroquia de Tragove. Os alertantes coincidían en que había xente no interior que podería necesitar axuda.
Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Ribadumia, do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados, a Policía Local e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Como resultado do incendio, catro veciños resultaron afectados. Ademais, dous membros dos equipos de emerxencias tiveron que ser atendidos no propio lugar por golpes de calor e queimaduras leves.
O garaxe quedou completamente calcinado, e no seu interior ardearon dous vehículos, unha caldeira e un camping gas que chegou a estoupar.




