O centro, que conta actualmente con 413 alumnos, establece un calendario que continuará o 1 de xuño coa publicación das prazas vacantes. A formalización da matrícula definitiva realizarase entre o 2 e o 5 de xuño, preferiblemente a través da sede electrónica do Concello ou enviando a documentación por correo electrónico.
A oferta formativa é ampla e inclúe desde a iniciación musical para nenos de 3 anos ata formación avanzada en instrumentos de corda, vento madeira, vento metal e percusión. Ademais, o alumnado pode participar en actividades complementarias como bandas, combos de música moderna, coral e produción musical.
En caso de que a demanda supere a oferta de prazas, o centro aplicará criterios de prioridade, dando preferencia aos familiares directos do alumnado xa matriculado e ás persoas empadroadas en Vilagarcía de Arousa. Paralelamente, os estudantes actuais deberán renovar a súa praza entre o 25 e o 29 de maio para garantir a súa continuidade no vindeiro curso.




