A mostra "Comedy Wildlife", que xa pasou por Pontevedra, chega ao Parque dos Xardinillos de Ribadavia. A exposición urbana presenta unha selección de 16 fotografías premiadas do Comedy Wildlife Photo Award, capturadas entre os anos 2015 e 2024, que ofrecen unha visión humorística e sorprendente da natureza.
Esta proposta cultural, pensada para toda a familia, poderá visitarse ata o 13 de setembro. A exposición forma parte do proxecto “Corrente cultural”, unha iniciativa de Afundación e Abanca que busca promover o coñecemento e o desenvolvemento colectivo a través da arte.
Na inauguración estiveron presentes o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o coordinador de Abanca Mateo Alonso e a coordinadora de Afundación Beatriz Fernández-Anguiano.



