A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia facilitou a adquisición de dúas vivendas no casco histórico de Ribadavia. Os propietarios recibiron unha achega de 2.900 euros cada un durante o ano pasado, no marco dunha liña de subvencións deseñada para fomentar a compra en centros históricos.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal facer máis accesible a compra de inmobles en áreas de valor patrimonial, á vez que se promove a conservación e o uso de vivendas que se atopaban baleiras ou precisaban de rehabilitación. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou onte aos dous beneficiarios en Ribadavia, destacando o impacto positivo destas axudas na revitalización das zonas antigas.
“"É fundamental seguir mantendo a vida nos cascos históricos, co cual é un apoio económico para os que queiran adquirir vivendas nestas zonas privilexiadas."
Pardo tamén lembrou que xa está aberto o prazo para solicitar novas axudas. Estas subvencións están dirixidas tanto á compra de vivendas en centros históricos como á adquisición de vivenda protexida. As liñas de axuda contan cun orzamento global de 2 millóns de euros e buscan mellorar o acceso á vivenda, especialmente para a poboación máis nova.




